Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.301

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 2001, da Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria mediante concurso, do expediente 15/2001, para a prestación nos centros dependentes deste complexo hospitalario do servicio de xestión (recollida, tratamento e eliminación de residuos das clases III e IV, definidos no Decreto 460/1997, do 21 de novembro).

A Dirección Xerencia do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na letra i) do artigo 7 da Orde do 23 de marzo de 2000 pola que se modifica a do 21 de abril de 1998, sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servicio Galego de Saúde, convoca expediente de contratación polo procedemento aberto e tramitación ordinaria, mediante concurso, para a prestación nos centros dependentes do Complexo Hospitalario Xeral-Calde. Lugo, do servicio de xes

tión (recollida, tratamento e eliminación de residuos da clase III e IV, definidos no Decreto 460/1997, do 21 de novembro), da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

1. Obxecto e orzamento.

A prestación do servicio de xestión completa dos residuos da clase III e IV definidos no Decreto 460/1997, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, por un orzamento máximo de 16.406.075 pesetas (98.602,50 euros) (IVE incluído).

2. Prazo de entrega.

Desde a data de asinamento do contrato.

3. Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Servicio de Subministracións do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo, rúa Doutor Severo Ochoa, s/n. 27004 Lugo. Tfno.: 982 29 65 52 e fax: 982 21 29 24.

4. Fianzas.

Os adxudicatarios deberán consignar unha fianza definitiva do 4% do importe de adxudicación. Esta constituirase segundo o disposto no artigo 36 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

5. Solvencia económica e financeira.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 16 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

6. Solvencia técnica.

Acreditarase por un ou varios dos medios establecidos no artigo 18 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

7. Clasificación.

Grupo: III, subgrupo: 8, categoría: B.

8. Criterios de adxudicación.

-Proposta económica, ata 25 puntos.

-Proxecto do Plan de xestión de residuos, ata 15 puntos.

-Proposta de melloras no servicio, ata 15 puntos.

9. Admisión de variantes.

Non se admiten variantes.

10. Presentación de proposicións.

As proposicións deberanse presentar en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no Rexistro do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do

seguinte ó da publicación no DOG. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciar ó Complexo Hospitalario Xeral-Calde a remisión da oferta mediante fax ou telegrama no mesmo día.

11. Apertura de proposicións.

A apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Complexo Hospitalario Xeral-Calde de Lugo ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquél no que finalice o prazo de presentación de ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

12. Documentación que deberán achega-los licitadores.

Os documentos que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

13. Anuncios.

Os anuncios do presente concurso público serán por conta dos adxudicatarios do contrato.

Lugo, 23 de marzo de 2001.

Fernando Varela Noreña

Director xerente do Complexo Hospitalario

Xeral-Calde de Lugo