Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.297

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 30 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, de notificación da resolución pola que se arquiva o expediente administrativo sancionador 78.2/1998, por presunta infracción da lexislación de costas.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e da Lei 4/1999, que modifica parcialmente a citada Lei 30/1992, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do delegado desta consellería en Pontevedra, recaída no expediente administrativo sancionador, polos feitos sinalados, presumiblemente constitutivos dunha infracción á Lei 22/1988, do 28 de xullo, de costas, (no sucesivo L.C.) e ó seu Regulamento xeral para o desenvolvemento e execución da L.C., aprobado polo Real decreto 1471/1989, do 1 de decembro, e modificado polos reais decretos 1112/1992, do 18 de setembro e 1771/1994, do 5 de agosto (en diante R.C.);

Contra esta resolución pódese interpoñer, segundo o artigo 114 e seguintes da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, recurso de alzada perante o conselleiro de Medio Ambiente no prazo dun mes, contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Pontevedra, 30 de abril de 2001.

José Luís Díez Yáñez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente número: 78.2/1998.

Responsable: María del Carmen Crespo Román.

Último enderezo coñecido: r/ 2ª trav. Coruto Vello, nº 56, A Guarda.

Data da resolución: 16-3-2001.

Feitos: explotación dun quiosco.

Lugar: praia de Goián.

Concello: Tomiño.

Resolución: estimar prescrita a infracción cometida e arquiva-lo expediente sancionador nº 78.2/1998, incoado en virtude de Resolución do 15 de novembro de 2000 a María del Carmen Crespo Román.