Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.296

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se anuncia concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación do servicio de restauración, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo que se citan.

A Delegación Provincial de Lugo, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, anuncia o concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Lugo.

c) Número de expediente: 14/2001.

2. Obxecto dos contratos.

a) Descrición: contratación dos servicios de restauración, mantemento e limpeza das instalacións xuvenís da provincia de Lugo.

b) División por lotes e números: un.

Lote único: expediente 14/2001: servicio de restauración, mantemento e limpeza do Albergue Xuvenil Benigno Quiroga (Portomarín) e do Campamento Xuvenil A Devesa (Ribadeo).

c) Lugar de execución: Albergue Xuvenil Benigno Quiroga en Portomarín e Campamento Xuvenil A Devesa en Ribadeo (Lugo).

d) Prazo de execución: desde o día 21 de xuño ata o 10 de setembro de 2001, ámbolos dous incluídos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de execución: importes totais. 1.500 pesetas/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 3.477 prazas no Benigno Quiroga de Portomarín e 1.400 pesetas/praza/día, IVE incluído, ata un máximo de 15.345 prazas na Devesa de Ribadeo. Establécese un orzamento calculado de gasto de 26.698.500 pesetas (160.461,20 euros), IVE incluído, en función dun máximo de 18.822 prazas.

5. Garantías.

a) Definitiva: 4% do orzamento.

6. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: delegación provincial.

b) Domicilio: Rolda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo 27071.

d) Teléfono: 982 29 43 43.

e) Telefax: 982 29 43 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o último día do prazo de presentación das proposicións, tódolos días laborables, agás sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=402.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo III, subgrupo 6 e 8, categoría D.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que se presentará: a que se indica na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas particulares e a indicada no prego de prescricións técnicas.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia sito na Ronda da Muralla, nº 70-baixo, ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

e) Admisión de variantes.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: sala de xuntas da delegación provincial.

b) Domicilio: Rolda da Muralla, 70-baixo.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o terceiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 11.

10. Outras informacións: os pregos de cláusulas administrativas e prescricións técnicas estarán á disposición dos licitadores en tódalas delegacións da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na Coruña, Lugo, Ourense e Vigo.

11. Gastos do anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Lugo, 4 de maio de 2001.

P.D. (Orde 19-1-1998)

Ana Chao Vázquez

Delegada provincial de Lugo