Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.294

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 26 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Painceiros 2578.1.

A Delegación Provincial de Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria, do 20-2-2001, se outorgou a Maceiras Filloy, S.L. a concesión de explotación derivada do permiso de investigación denominado Painceiros 2578.1, de cinco cuadrículas minerias para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Campo Lameiro, A Estrada e Cercedo, da provincia de Pontevedra; as súas coordenadas xeográficas son as seguintes:

VérticesLonxitude Latitude

18º 29' 00'' 42º 34' 40''

28º 28' 00'' 42º 34' 40''

38º 28' 00'' 42º 34' 00''

48º 28' 40'' 42º 34' 00''

58º 28' 40'' 42º 34' 20''

68º 29' 00'' 42º 34' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 26 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra