Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Xoves, 31 de maio de 2001 Páx. 7.292

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 25 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso aberto, das obras de construcción dun parque público no antigo recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Urbanismo. Edificios administrativos San Caetano. 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Número de expediente: 01-01-VILA.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: construcción dun parque público no antigo recinto de Fexdega en Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

b) Lugar de execución: Vilagarcía de Arousa (Pontevedra).

c) Prazo de execución: vintedous (22) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos dezasete millóns novecentas trinta e cinco mil novecentas corenta e dúas (217.935.942) pesetas (1.309.821,39 euros).

5. Garantías.

Provisional: esixirase unha fianza provisional de catro millóns trescentas cincuenta e oito mil setecentas dezanove (4.358.719) pesetas (26.196,43 euros), segundo o definido na letra H do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares. (Dispensarase desta fianza quen acredite a clasificación requirida na orde do Ministerio de Economía e Facenda do 11 de abril de 1996).

Definitiva: esixirase unha fianza definitiva de oito millóns setecentas dezasete mil catrocentas trinta e oito (8.717.438) pesetas (52.392,86 euros), segundo o definido na letra I do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

6. Obtención de documentación e información.

6.a) Obtención de documentación: Copynino, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2 15701-Santiago de Compostela (A Coruña). Teléfono 981 58 89 38.

O custo total para adquiri-la copia de toda a documentación ascende a oito mil oitocentas cincuenta e cinco (8.855) pesetas (IVE incluído) (53,22 euros).

6.b) Obtención de información.

Entidade: Consellería Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda. Dirección Xeral de Urbanismo.

Enderezo: Edificios Administrativos San Caetano s/n.

Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

Teléfono: 981 54 43 82/981 54 43 71.

Telefax:981 54 43 43/981 54 53 35.

A data límite de obtención de documentos e información:ata o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel no que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación:

Grupo C); subgrupo 6); categorías d) grupo K); subgrupo 6; categorías c).

b) Outros requisitos: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o vixésimo sexto día contado a partir do seguinte a aquel en que se produza a publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

2ª Enderezo: Edificio Administrativo San Caetano s/n.

3ª Localidade e código postal: 15704-Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta : tres (3) meses desde a apertura de proposicións de conformidade co artigo 116 do Regulamento xeral de contratación.

e) Admisión de variantes (concurso): ver punto 2.1.1. do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das ofertas.

Acto público, na sede da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, edificios administrativos San Caetano, Santiago de Compostela (A Coruña), ás 10 horas do décimo día hábil, que non coincida en sábado, contado a partir do seguinte a aquel no que finalice a presentación de ofertas.

10. Outras informacións: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Gastos de anuncios: os gastos deste anuncio serán por conta do adxudicatario.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=419.

Santiago de Compostela, 25 de maio de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda