Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.232

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2001 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público con procedemento aberto, para a contratación de consultorías e asistencias técnicas para o deseño e execución dunha campaña publicitaria para a sensibilización coas enerxías renovables.

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Instituto Enerxético de Galicia.

1.2. Dependencia que tramita: Departamento de Planificación e Xestión.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: deseño e execución dunha campaña publicitaria para a sensibilización coas enerxías renovables.

2.2. Prazo de execución: desde o 1 de xullo ata o 15 de setembro de 2001.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000), IVE incluído (150.253,02 euros).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento da contrata.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento total de adxudicación.

7. Documentación e información.

7.1. Documentación.

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, no Instituto Enerxético de Galicia, sito en Santiago de Compostela, rúa Ourense nº 6 (A Rosaleda).

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 15 14.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 5 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:.

a) Entidade: rexistro xeral do Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Ourense nº 6.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15701.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Instituto Enerxético de Galicia.

b) Enderezo: rúa Ourense nº 6-A Rosaleda.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural contado desde o seguinte ó do termo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2001.

P.D. (Orde 13-10-1999)

Jesús Vázquez Sanluis

Secretario xeral do Instituto Enerxético de Galicia