Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Mércores, 30 de maio de 2001 Páx. 7.231

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, pola que se somete a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Soldón, concello de Quiroga (Lugo) e promovido por Rugando, S.C.

En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte (20) días, o órgano ambiental someterá o estudio de impacto ambiental ó trámite de información

pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Na súa virtude

RESOLVO:

1. Someter a información pública o estudio de estudio de efectos ambientais do proxecto de aproveitamento hidroeléctrico do río Soldón.

2. Para os devanditos efectos informativos, porase á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:

* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Lugo.

* Concello de Quiroga.

3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do seguinte día á publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de abril de 2001.

Francisco Pan-Montojo González

Director xeral de Calidade e Avaliación Ambiental