Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: r/ García Barbón 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. O Castelo-Lérez.
Situación: Pontevedra.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 382 m de lonxitude, con conductor tipo LA-56, sobre apoios de formigón, desde a L.M.T. existente entre os CC.TT. A Piolla e Gatomorto, ata o C.T. que se proxecta no Castelo-Lérez, no concello de Pontevedra. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II e do Real decreto 1955/2000, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio
no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 16 de abril de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra