Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Martes, 29 de maio de 2001 Páx. 7.184

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 17 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se dispón a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da notificación das resolucións do expediente sancionador por infraccións en materia de espectáculos públicos LU-E 206/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, ó non podérselles notificar por correo certificado, as resolucións dictadas nos expedientes de sanción, por infraccións en materia de espectáculos públicos, a cuantía e número das cales se citan a seguir:

Nome: Rosalía Fernández López.

DNI/NIF: 34.896.715.

Nº expediente: LU-E 206/2000.

Precepto infrinxido: 26-e) LO 1/1992.

Último domicilio: praza das Illas, 8, Montirón, Lugo.

Multa máxima: 25.000 pesetas.

Contra estas resolucións poderá interpoñe-lo interesado recurso de alzada, perante o conselleiro de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da súa notificación.

Advírtase que de non ser presentado este en tempo e forma haberá de aboa-la multa imposta no período de pago voluntario, a favor do Tesouro Facenda galega, conta restrinxida da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. Recadación de multas

e sancións de espectáculos públicos número 2091/0152/29-3110001658, en calquera oficina da entidade bancaria Caixa Galicia, facendo consta-lo número de expediente sancionador, co cal se rematará este. Transcorrido o dito prazo, procederase ó cobro pola vía de constrinximento, de conformidade co establecido na disposición terceira da Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de xuño).

Lugo, 17 de abril de 2001.

Manuel Teijeiro Álvarez

Delegado provincial de Lugo