Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.140

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 10 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/133-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T. e C.D. derivación Frigalsa-Padín-r/ Párroco D. Serafín.

Situación: Vigo.

Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 40 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o empalme que se vai realizar nas liñas existentes ós CC.TT. Frigalsa A Riouxa e catro pontes ata o centro de distribución que se proxecta na rúa Párroco Don Serafín. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 240 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.V., desde o C.D. proxectado ata a L.M.T. ó C.T. Padín. Centro de distribución con catro celas CML-SF6. Toda a instalación está situada no concello de Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 10 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra