Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.139

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001 pola que se anuncian, polo sistema de concurso de procedemento aberto, as obras de ampliación do IES Campo de San Alberto de Noia (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: ampliación do IES Campo de San Alberto

b) Lugar de execución: Noia (A Coruña).

c) Prazo de execución: 3 meses.

d) Nº de expediente: SXCE 16/01/O

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 70.000.000 de pesetas. (420.708,47 euros).

5. Garantías.

Provisional: ver prego.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n, e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

6.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 59 23 93.

b) Enderezo: r/ Nova de Abaixo, 12. Santiago de Compostela (A Coruña).

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=413

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo: C, subgrupo: todos; e categoría: E.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: ás 14 horas do vixésimo sexto día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario, se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral. Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

2ª Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela. 15704.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ver prego.

e) Admisión de variantes (concurso): ver prego.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas).

b) Enderezo: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o cuarto día hábil contado desde o remate do prazo de presentación das proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

P.D. (Orde do 21-6-1996)

Máximo García Serrano

Secretario xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria