Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Luns, 28 de maio de 2001 Páx. 7.138

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se somete a información pública expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos) do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada Betanzos-Camarada (Loureda), con anexos: V-1983; XG-162.

Ó abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres,

e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse expediente de modificación concesional (ampliación de tráficos), do servicio público regular permanente de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada V-1983; XG-162, Betanzos-Camarada (Loureda), con anexos, consistente en:

* Ampliación Guiliade-cruzamento de Nogueiras-Montouto-Gueixade por C-542 e LC-222.

* Ampliación Sampaio de Guísamo-A Coruña pola A-9.

* Ampliación Ardexurxo-Carral.

* Levantamento prohibicións de tráfico.

Os interesados ou afectados no expediente poderán comparecer no procedemento e, tralo exame da documentación pertinente no Servicio Provincial de Transportes da Coruña (estación de autobuses) efectuaren as alegacións que estimen oportunas no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, a 19 de abril de 2001.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes