Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Venres, 25 de maio de 2001 Páx. 7.049

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001, do tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, catorce postos de traballo de analista-programador (grupo B), vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000 (Diario Oficial de Galicia número 190, do 29 de setembro), pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión do 21 de maio de 2001, sobre o anuncio da data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio.

En sesión do día 21 de maio de 2001 o tribunal designado para xulga-las probas selectivas para cubrir, mediante o nomeamento de persoal interino, catorce postos de traballo de analista-programador (grupo B), vacantes nos servicios dependentes de distintas consellerías, convocadas pola Orde do 12 de setembro de 2000, acordou, de conformidade co disposto na base quinta da convocatoria, convoca-los aspirantes admitidos ás probas selectivas, á realización do primeiro exercicio no lugar, o día e a hora que se especifica:

Lugar: salón de actos da Escola Galega de Administración Pública, sita na rúa de Madrid 6-7, en Santiago de Compostela.

Día: 1 de xuño de 2001.

Hora: apertura de portas ás 16.15 horas e peche e inicio do exercicio ás 16.30 horas.

Os aspirantes admitidos irán provistos de DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Loreto Díaz Sánchez

Presidenta do tribunal