Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.036

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2001 pola que se convoca concurso, con procedemento aberto e tramitación ordinaria, para a contratación da subministración dun vehículo de representación con destino ó parque móbil provincial. (Expediente 01/2885 do Servicio de Patrimonio e Contratación).

Obxecto: subministración dun vehículo de representación con destino ó parque móbil provincial.

Lugar de entrega: parque móbil.

Prazo de entrega dos bens específicos: opción A) 2 meses; opción B) ver prego de condicións.

Forma e procedemento de adxudicación: concurso con procedemento aberto e tramitación ordinaria.

Orzamento: opción A: 14.800.000 pesetas, 88.949,79 euros; opción B: ver cláusulas 2 e 9 do prego.

Garantía provisional: non se esixe.

Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Información: Servicio de Patrimonio e Contratación. Alférez Provisional, s/n 5ª planta 15003 A Coruña. Teléfono: 981 18 33 00.

Proposicións. Data límite: ata as 13 horas, dentro do prazo de 15 días naturais contados desde o seguinte ó da última publicación no BOP ou DOG.

Anuncio extenso: BOP da Coruña.

A Coruña, 15 de maio de 2001.

José Luis Torre Colomer

Presidente da Deputación Provincial da Coruña

José Luis Almau Supervía

Secretario da Deputación Provincial da Coruña