Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.032

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DE CONSUMO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001 pola que se anuncia a contratación, polo procedemento aberto e mediante concurso, dun contrato de servicios consistente na campaña divulgativa para fomenta-la arbitraxe de consumo.

Entidade adxudicadora: Instituto Galego de Consumo.

Organismo: Instituto Galego de Consumo.

Obxecto do contrato: realización dos servicios necesarios para levar a cabo unha campaña divulgativa para fomenta-la arbitraxe de consumo.

Prazo de execución: o prazo de execución será desde a sinatura do contrato ata remata-las accións derivadas del.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

Orzamento base de licitación: vintecinco millóns de pesetas (25.000.000 de pesetas), (150.253,03 euros).

Garantías: provisional: 2% do orzamento do contrato (500.000 pesetas) (3.005,06 euros).

Obtención de documentación e información.

Entidade: Instituto Galego de Consumo.

Enderezo: praza de Europa, 10 A, 2º.

Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Teléfono: 981 54 45 12.

Fax: 981 54 45 99.

Data límite de obtención de documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións en días e horas hábiles de oficina.

Requisitos específicos do contratista.

-Clasificación: deberá acredita-la clasificación como contratista de servicios: grupo 3, subgrupo 3, categoría B. Os empresarios extranxeiros non clasificados acreditarán a súa solvencia económico-financeira por calquera dos medios especificados nos artigos 16.1 a) e 19 e), respectivamente, do TRLCAP.

Data límite de presentación: no prazo de quince días naturais contados desde o día seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Documentación que hai que hai que presentar: a indicada na cláusula 9ª do prego de cláusulas administrativas particulares.

Lugar de presentación.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Apertura de ofertas.

-Entidade: Instituto Galego de Consumo.

-Enderezo: praza de Europa 10 A, 2º (edificio Área Central).

-Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

Data: décimo primeiro día natural seguinte ó da finalización do prazo de presentación de proposicións. Se este fose inhábil, posporase ó primeiro día hábil seguinte. Se o día da apertura de proposicións caese en sábado, posporase ata o luns seguinte.

Hora: once horas.

Gastos de anuncios: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

Víctor Tello Calvo

Presidente do Instituto Galego de Consumo