Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 7.020

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Pedra País 02, nos concellos de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes (provincia de Pontevedra), por parte de Pedra País, S.L.

A Delegación Provincial de Pontevedra, fai saber que Pedra País, S.L., con domicilio Outerio, 3, Salvaterra de Miño, presentou nesta delegación provincial, o día 26 de xaneiro de 2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Pedra País 02 de 3 cuadrículas mineiras para recursos de sección C) granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais de Pazos de Borbén e Fornelos de Montes, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2939, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 29' 00''42º 18' 00''

Vértice 28º 29' 20''42º 18' 00''

Vértice 38º 29' 20''42º 18' 20''

Vértice 48º 29' 40''42º 18' 20''

Vértice 58º 29' 40''42º 18' 40''

Vértice 68º 29' 00''42º 18' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público, para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante este delegación provincial, pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 23 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra