Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 24 de maio de 2001 Páx. 6.985

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de maio de 2001 pola que se regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Lei orgánica 8/1995, do 3 de xullo (BOE do 4 de xullo), reguladora do dereito á educación, establece os criterios básicos de admisión de alumnos e alumnas nos centros docentes sostidos con fondos públicos.

A Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), e o Real decreto 676/1993, do 7 de maio (BOE do 22 de maio), establecen as características da formación profesional específica, organizada en ciclos de grao medio e superior.

A Lei orgánica 9/1995, do 20 de novembro (BOE do 21 de novembro), de participación, avaliación e goberno dos centros docentes, no seu punto 2 da disposición adicional terceira, regula os procedementos de admisión do alumnado nas ensinanzas de grao superior de formación profesional.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, modifica os requisitos de acceso determinados nos reais decretos polos que se establecen os títulos de técnico superior e as correspondentes ensinanzas mínimas, e aplica novos criterios nos procedementos de admisión de alumnos ós ciclos formativos de grao superior. Así mesmo habilita, na súa disposición derradeira primeira, os órganos competentes das comunidades autónomas para dicta-las normas precisas para a súa aplicación e desenvolvemento.

A disposición derradeira primeira do Decreto 239/1995, do 28 de xullo (DOG do 16 de agosto), establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos, autoriza o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria a dicta-las disposicións correspondentes para o desenvolvemento deste decreto.

O Decreto 87/1995, do 10 de marzo (DOG do 28 de marzo), polo que se regula a admisión de alumnos e alumnas en centros sostidos con fondos públicos de educación infantil, primaria e secundaria, establece na súa disposición adicional cuarta que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria establecerá as normas específicas para regula-lo acceso ós ciclos formativos de grao superior.

A implantación de ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica realizada en Galicia presenta unha gran diversidade en función das demandas e posibilidades do sistema productivo.

Polo que, o proceso de admisión do alumnado ofrece unha certa complexidade para poder ter en conta as diversas opcións manifestadas polos solicitantes e poder asignar tódalas prazas existentes nas diversas localidades. A informatización do proceso require introducir modificacións da normativa reguladora da admisión de alumnos nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica para poder conseguir unha maior eficacia e axilidade. Polo tanto, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro.-Ámbito de aplicación.

A presente orde será de aplicación ós procesos de admisión do alumnado que desexe cursa-las ensinanzas de ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros sostidos con fondos públicos do ámbito de xestión da Comunidade Autónoma de Galicia.

Segundo.- Formas de acceso ós ciclos formativos de grao superior.

1. Accederase ós ciclos formativos de grao superior mediante acceso directo ou a través da proba regulada pola Orde do 25 de abril de 2000. Estas dúas formas de acceso son incompatibles. En todo caso, ó acceso mediante proba unicamente poderán concorre-las persoas que carezan dos requisitos académicos que posibiliten o acceso directo.

2. Para o alumnado que acredite ter superada a proba de acceso reservarase, cando menos, o 20% das prazas que se oferten para cada ciclo formativo de grao superior de formación profesional específica.

3. As prazas establecidas para o acceso mediante proba e as de acceso directo son acumulables entre si. Esta acumulación será realizada pola comisión que se establece no punto noveno desta orde, logo de coñece-los datos enviados por cada centro.

Terceiro.-Prazo de presentación de solicitudes de admisión.

1. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional establecerá anualmente o prazo de formalización da solicitude de admisión.

Aquel alumnado que poida acada-los requisitos académicos requiridos para acceso directo na convocatoria extraordinaria de setembro poderán presenta-la solicitude de admisión no prazo citado anteriormente, á que deberá xunta-la certificación acreditativa dos requisitos académicos no prazo que se estableza no mes de setembro.

2. Antes do inicio do período de admisión, a delegación provincial correspondente comunicará ós centros o número de grupos e prazas que ofertará para cada ciclo formativo autorizado.

Cuarto.-Documentación que se presentará coa solicitude de admisión.

1. Cada solicitante presentará unha única instancia, segundo o modelo que se estableza, que entre

gará no centro no que se imparte o ciclo solicitado en primeiro lugar. Na instancia farase constar, por orde de preferencia, os ciclos que desexa cursar e os centros onde se imparten. Xuntarase á solicitude a documentación acreditativa de tódolos requisitos académicos e xustificantes dos criterios de baremación:

a) Fotocopia do DNI ou pasaporte.

b) Os solicitantes de acceso directo xuntarán certificación oficial dos últimos estudios cursados, na que figuren as cualificacións das diferentes materias e na que conste que se efectuou o depósito do título, se é caso.

c) Os solicitantes de acceso mediante proba xuntarán certificado da superación da proba de acceso ós ciclos formativos solicitados.

2. No caso de que a persoa solicitante presente máis dunha instancia, non se terá en conta ningunha delas e procederase á súa escolarización ó final do proceso, se houbese praza. De igual forma procederase respecto das instancias que se presenten fóra de prazo.

3. A falsificación ou ocultamento de datos implicará quedar excluído do proceso de admisión.

Quinto.-Requisitos para o acceso directo.

1. Para acceder directamente ós ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica, será preciso estar en posesión do título de bacharelato establecido na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo.

2. Tamén terán acceso directo as persoas que posúan algún dos requisitos académicos seguintes:

a) Ter superado o segundo curso do bacharelato experimental regulado pola orde ministerial do 21 de outubro de 1986 (BOE do 6 de novembro).

b) Ter superado o curso de orientación universitaria ou preuniversitario.

c) Estar en posesión do título de técnico especialista, técnico superior ou titulación equivalente a efectos académicos.

d) Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

Sexto.-Prioridades e proceso de baremación para o acceso directo.

1. Para a admisión do alumnado de acceso directo nos centros sostidos con fondos públicos ás ensinanzas de ciclos formativos de grao superior de formación profesional especifica, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

a) Ter superada algunha das modalidades de bacharelato que se determinan para cada ciclo formativo ou algunha das opcións de COU que se consideran equivalentes, segundo se establece na terceira columna do anexo II desta orde, ou algunhas das modalidades equivalentes do 2º ciclo de bacharelato experimental, segundo se indica no anexo III.

b) Ter superada algunha das modalidades de bacharelato, curso de orientación universitaria ou 2º ciclo de bacharelato experimental, distintas das establecidas na alínea anterior.

c) Estar en posesión do título de técnico especialista, técnico superior ou equivalente.

d) Estar en posesión dunha titulación universitaria ou equivalente.

2. Dentro de cada un dos colectivos indicados nos puntos anteriores, a orde de admisión nos ciclos formativos de grao superior establecerase segundo os seguintes criterios por orde de prioridade:

a) Maior nota media no expediente académico.

b) Ter superadas as materias de bacharelato que se indican na columna cuarta do anexo II desta orde.

c) Maior nota ou maior nota media, se é o caso, na materia ou materias indicadas na anterior alínea b.

d) Sorteo que será efectuado ante a comisión autonómica de escolarización.

3. Procedemento para cálculo da nota media do expediente académico.

a) No caso dos solicitantes que cursasen o bacharelato que se establece na Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, a puntuación obtida como media aritmética das cualificacións acadadas nas diferentes materias de ámbolos dous cursos, expresada con dúas cifras decimais.

b) Para o alumnado procedente do bacharelato unificado e polivalente e do curso de orientación universitaria, a nota media do expediente obterase dividindo entre catro a suma da nota media de cada un dos cursos de BUP máis a de COU.

c) Sempre que sexa necesario para a obtención da nota media do expediente, transforma-la cualificación cualitativa en cuantitativa, empregaranse as seguintes equivalencias: suficiente=5,5; ben=6,5; notable=7,5; sobresaliente e matrícula de honra=9.

O resultado de aplica-las equivalencias indicadas anteriormente, expresarase como media aritmética das cualificacións medias de tódolos cursos que integran os respectivos plans de estudio, con dúas cifras decimais.

d) Para determina-la media do expediente académico non se considerarán as materias ou áreas que o alumno teña validadas ou nos que estivera exento. Así mesmo, non se terá en conta para calcula-la nota media a materia de relixión en cumprimento do establecido no Real decreto 2438/1994, do 16 de decembro, (BOE do 26 de xaneiro).

4. Os solicitantes que cumpran os requisitos en setembro serán baremados segundo os criterios indicados nos puntos anteriores pero integraranse nas listas despois dos que cumpriron os requisitos en xullo.

Sétimo.-Prioridades para o acceso mediante proba.

No caso de que o número de solicitantes de acceso mediante proba supere o número de prazas dispoñibles, para determina-los admitidos aplicaranse os seguintes criterios de prioridade:

a) Maior puntuación na cualificación da proba de acceso.

b) En caso de empate, sorteo ante a comisión autonómica de escolarización.

Oitavo.-Órganos competentes para resolve-la admisión do alumnado.

Tal e como se establece no artigo 17 do Decreto 87/1995, o consello escolar de cada centro público é o órgano competente para decidi-la admisión dos alumnos que solicitan as ensinanzas que nel se imparten, con estricta suxeición ó establecido nesta norma e disposicións que a desenvolvan. Nos centros privados concertados, os titulares serán os responsables do estricto cumprimento das normas xerais sobre a admisión de alumnos e corresponde ó consello escolar garanti-lo seu cumprimento.

Noveno.-Informatización do proceso de admisión.

1. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a través da Subdirección Xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos responsabilizarase de realiza-la informatización do proceso de admisión de alumnos para cursa-los ciclos formativos de grao superior.

2. En cada provincia coordinará o proceso de admisión un inspector ou inspectora designado polo delegado provincial.

3. Constituirase a comisión autonómica de escolarización con ámbito de actuación en toda Comunidade Autónoma, que estará integrada por:

-Presidenta: a directora xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional ou persoa en quen delegue.

-Secretario, con voz e sen voto, un funcionario da Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional.

-Vocais:

* Un representante da Federación de Asociacións de Pais de Alumnos.

* Un director ou directora, preferentemente dun instituto de educación secundaria que imparta ciclos de grao superior, membro da da Xunta Autonómica de Directores.

* Un representante do Consello Galego de Formación Profesional.

* A xefa do Servicio de Formación Laboral e Orientación Profesional.

* Un asesor técnico nomeado pola Subdirección Xeral de Formación Profesional e de Educación de Adultos.

* O inspector coordinador do proceso de admisión de alumnos de cada unha das provinciais.

4. Funcións da comisión autonómica de escolarización:

a) Coordinar e supervisa-lo proceso de admisión de alumnos nos ciclos formativos de grao superior.

b) Supervisa-lo proceso de informatización que se realice para adxudicación de prazas nos ciclos formativos de grao superior.

c) Elaborar e remitir ós centros e ás delegacións provinciais as relacións provisionais de solicitantes ós que se lles adxudica praza para a súa aprobación e publicación polo consello escolar de cada centro.

d) Informa-las reclamacións que teña que resolver en última instancia a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación profesional.

e) Emitir dictame de escolarización sobre as solicitudes de alumnos con necesidades educativas especiais.

5. Os membros da comisión poderán percibir asistencias, axudas para gastos e de locomoción por concorrer ás sesións, conforme o Decreto 299/1990, do 24 de maio (DOG do 1 de xuño).

Décimo.-Execución do proceso de admisión.

1. Os centros docentes publicarán no taboleiro de anuncios as prazas que oferten nos diferentes ciclos de acordo coa autorización recibida.

2. Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes e realizada a súa baremación, o consello escolar aprobará e publicará a relación provisional de solicitantes ordenados alfabeticamente con indicación da puntuación acadada e as opcións priorizadas.

3. Os directores remitirán á Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional, como resultado da baremación, os datos dos solicitantes no soporte informático que esta lles facilite, de acordo coas instruccións dadas para o efecto.

4. A Subdirección Xeral de Formación Profesional realizará a informatización do proceso a través do que se obterán as relacións de solicitantes admitidos ás prazas ofertadas que, unha vez aprobadas pola comisión establecida no punto noveno, serán remitidas ás delegacións provinciais e a cada un dos centros para a súa aprobación polo Consello Escolar.

5. Este proceso terá dúas fases: unha ordinaria que concluirá o 30 de xullo e outra extraordinaria que se realizará no mes de setembro para asigna-las vacantes a resultas do proceso de formalización de matrícula ós solicitantes que non obtiveron praza.

6. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional establecerá anualmente o calendario concreto de realización das distintas fases do proceso e as instruccións oportunas.

Décimo primeiro.-Información pública do proceso.

Os centros docentes sostidos con fondos públicos que oferten ciclos formativos deberán dar unha información exhaustiva de todo o proceso de admisión de alumnos, expoñendo nos seus taboleiros de anuncios:

a) Normativa reguladora da admisión e matrícula do alumnado.

b) Oferta global de ciclos formativos de grao superior na Comunidade Autónoma.

c) Calendario de realización das diversas fases do proceso de admisión e matrícula, especialmente, as datas de publicación das listas de admitidos, así como dos prazos de reclamacións sobre as resolucións do consello escolar.

Décimo segundo.-Reserva de prazas para alumnado con necesidades educativas especiais.

Os centros educativos reservarán, cando menos, o 3% das prazas que oferten en cada ciclo formativo de grao superior para aquelas persoas con algún grao de discapacidade física, motora ou sensorial acreditado, que obtivesen dictame favorable da comisión autonómica de escolarización.

Para tal fin, os centros comunicarán as solicitudes que se presenten facendo uso desta reserva e trasladarán a documentación acreditativa á comisión autonómica de escolarización. Esta valorará, en función do grao de discapacidade acreditado mediante certificado da condición de minusválido, emitido polo órgano competente, as limitacións para poder cursar con aproveitamento as ensinanzas, co obxecto de garanti-la eficacia da formación e do posterior exercicio das competencias profesionais inherentes ó título.

Décimo terceiro.-Reclamacións e recursos.

1. Contra a resolución do consello escolar pola que se aproba e publica a relación provisional de solicitantes ordenados alfabeticamente con indicación da puntuación acadada e as opcións priorizadas, as persoas interesadas poderán presentar reclamación ante ese órgano colexiado no prazo de dous días, contados a partir da data de publicación, quen resolverá ó día seguinte de remata-lo prazo de reclamación.

2. Contra a resolución do consello escolar pola que se aproba e publica a relación definitiva de solicitantes admitidos a cada ciclo, poderase interpor recurso de alzada ante a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional na forma prevista no artigo 114.2º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro). A resolución deste recurso, que pon fin a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Décimo cuarto.-Matriculación.

1. As persoas admitidas nas distintas fases do proceso teñen a obriga de formaliza-la matrícula nos prazos que se indiquen, segundo o modelo do anexo I. Os solicitantes admitidos, que non formalicen a matrícula no prazo indicado, perderán o dereito á súa praza e procederase á súa escolarización ó final do proceso, se houbese vacantes.

2. Se unha vez iniciadas as actividades lectivas, se observase a non incorporación ou a non asistencia continuada de determinados alumnos a elas, o centro docente deberá dirixirse ós interesados para que expoñan por escrito as razóns de dito absentismo. Cando a xuízo do centro non exista causa xustificada da ausencia, este recordarálle-la súa obriga de incorporarase inmediatamente ás actividades académicas do curso, coa advertencia expresa de que, no caso de non producirse esta no prazo de cinco días contados a partir da data do recibo desa notificación, procederase a realizar unha baixa de oficio. A súa praza será adxudicada seguindo as relacións de solicitantes ordenadas segundo baremo e publicadas na súa data. Este procedemento deberá estar concluído antes do 30 de outubro.

3. A formalización da matrícula nos centros sostidos con fondos públicos, dependentes da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, quedará condicionada a que haxa un número mínimo de 15 alumnos/as admitidos/as para cada un dos ciclos formativos de grao superior. A Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional poderá autorizar excepcionalmente a impartición de ciclos formativos con menor número de alumnado.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Orde do 22 de maio de 1998 pola que se regula a admisión do alumnado nos ciclos formativos de grao superior de formación profesional específica en centros docentes sostidos con fondos públicos e todas aquelas disposicións de igual ou inferior categoría que se opoñan ó disposto nesta orde.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase a Dirección Xeral de Ordenación Educativa e Formación Profesional a dictar tódalas normas precisas para o desenvolvemento desta orde, así como para fixar prazos diferentes dos previstos nesta disposición para a admisión de solicitudes e formalización de matrícula nas ensinanzas obxecto dela e para regular ofertas de formación profesional específica para determinados colectivos de poboación con necesidades especiais.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO II

Familia profesionalCiclos formativos de grao superiorCriterios de admisión

-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

Actividades agrariasXestión e organización de empresas agropecuarias-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Ciencias da terra e do ambiente

Xestión e organización dos recursos naturais e paisaxísticos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Ciencias da teerra e do ambiente

Actividades físicas e deportivasAnimación de actividades físicas e deportivas.-Calquera modalidade de bacharelato

-Opción A/B/C/D

Actividades marítimo-pesqueirasNavegación, pesca e transporte marítimo-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

Producción acuícola-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Bioloxía

Supervisión e control de máquinas e instalacións do buque-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

AdministraciónAdministración e finanzas-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Secretariado-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Artes gráficasDeseño e producción editorial-Artes/Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Debuxo técnico

Producción en industrias de artes gráficas-Artes/Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Comercio e marketingComercio internacional-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Servicios ó consumidor-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Xestión comercial e marketing-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Xestión do transporte-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Comunicación, imaxe e sonImaxe-Artes/Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Física

Producciones de audiovisuais, radio e espectáculos-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Economía e organización de empresas

Realización de audiovisuais e espectáculos-Artes/Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Física

Son-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Física

Edificación e obra civilDesenvolvemento de proxectos urbanísticos e operacións topográficas-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

Desenvolvemento e aplicación de proxectos de construcción-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

-Mecánica

Realización e planos de obra-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

Electricidade e electrónicaDesenvolvemento de productos electrónicos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

Instalacións electrotécnicas-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

Sistemas de regulación e control automáticos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

Sistemas de telecomunicación e informáticos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

Fabricación mecánicaConstruccións metálicas-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

-Mecánica

Desenvolvemento de proxectos mecánicos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

-Tecnoloxía industrial II

Producción por fundición e pulvimetalurxia-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Producción por mecanizado-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Hostalería e turismoAloxamento-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

Animación turística-Humanidades e ciencias sociais/Artes

-Opción A/B/C/D

-Segunda lingua estranxeira

Axencias de viaxes-Humanidades e ciencias sociais

-Opción C/D

-Xeografía

Información e comercialización turísticas-Artes/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Historia da arte

Familia profesionalCiclos formativos de grao superiorCriterios de admisión

-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

Restauración-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais-Opción A/B/C/D

Imaxe persoalAsesoría de imaxe persoal-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

Estética-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

-Bioloxía

Industrias alimentariasIndustria alimentaria-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

InformáticaAdministración de sistemas informáticos-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades y ciencias sociales/Tecnología

-Opción A/B/C/D

Desenvolvemento de aplicacións informáticas-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

Madeira e mobleDesenvolvemento de productos en carpintería e moble-Artes/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Debuxo técnico

Producción de madeira e moble-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Mantemento de vehículos autopropulsadosAutomoción-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

-Mecánica

Mantemento aeromecánico-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

-Mecánica

Mantemento de aviónica-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Electrotecnia

Mantemento e servicios á producciónDesenvolvemento de proxectos de instalacións de fluídos, térmicas e de manutención-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Mantemento de equipo industrial-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Mantemento e montaxe de instalacións de edificio e proceso-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

QuímicaAnálisis e control-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Fabricación de productos farmacéuticos e afíns-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Industrias de proceso de pasta e papel-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Industrias de proceso químico-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Plásticos e caucho-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Química ambiental-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

SanidadeAnatomía patolóxica e citoloxía-Ciencias da natureza e da saúde

-Opción A/B

-Bioloxía

Audiopróteses-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Física

Dietética-Ciencias da natureza e da saúde

-Opción A/B

-Bioloxía

Documentación sanitaria-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais

-Opción A/B/C/D

Hixiene bucodental-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Bioloxía

Imaxe para o diagnóstico-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

Laboratorio de diagnóstico clínico-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Bioloxía

Ortoprotésica-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

Próteses dentais-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

Radioterapia-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

Saúde ambiental-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Ciencias da tierra e do ambiente

Servicios socioculturais e á comunidadeAnimación sociocultural-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

Educación infantil-Calquera modalidade de bacharelato

-Opción A/B/C/D

Integración social-Ciencias da natureza e da saúde/Humanidades e ciencias sociais/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

Familia profesionalCiclos formativos de grao superiorCriterios de admisión

-Modalidades de bacharelato-Opcións de COUMaterias de bacharelato

Interpretación da lingua de signos-Calquera modalidade de bacharelato

-Opción A/B/C/D

Téxtil, confección e pelCurtidos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Patronaxe-Artes/-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B/C/D

-Debuxo técnico

Procesos de confección industrial-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Debuxo técnico

Procesos de ennobrecemento téxtil-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Procesos téxtiles de fiadura e teceduría de calada-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Procesos téxtiles de teceduría de punto-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Tecnoloxía industrial II

Vidro e cerámicaDesenvolvemento e fabricación de productos cerámicos-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

Fabricación e transformación de productos de vidro-Ciencias da natureza e da saúde/Tecnoloxía

-Opción A/B

-Química

ANEXO III

EQUIVALENCIAS ENTRE AS MODALIDADES DO BACHARELATO EXPERIMENTAL REGULADO POLA ORDE MINISTERIAL DO 21 DE OUTUBRO DE 1986 E AS MODALIDADES DO BACHARELATO ESTABLECIDO POLA LEY 1/1990, DO 3 DE OUTUBRO

Bacharelato experimentalBacharelato Loxse

ArtísticoArtes

Ciencias da naturezaCiencias da natureza e da saúde

Administración e Xestión

Ciencias humanas e sociaisHumanidades e ciencias sociais

Lingüístico

Técnico industrialTecnoloxía