Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.979

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de concurso aberto para a contratación da prestación do servicio de práctica de notificacións tributarias do Concello de Vigo.

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Administración de Tributos. Nº de expediente: 30851/510.

2. Obxecto do contrato: descrición: servicio de notificacións de alta ou variacións nas liquidacións fiscais e liquidacións de ingreso directo.

Lugar de execución: Vigo.

Prazo: 2 anos.

Lotes: non.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Procedemento: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: concurso.

4. Orzamento: 17.000.000 de pesetas/ano (102.172,06 euros/ano).

5. Garantías: provisional: dispensada.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, praza do Rei s/n 36202 Vigo. Teléfono 986 81 01 48 e fax: 986 81 02 40.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: non se esixe.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 15 días naturais seguintes ó da publicación do último anuncio de licitació no DOG e BOP.

Documentación: a esixida na cláusula 10 do prego de condicións administrativas.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mante-la oferta: 3 meses contados desde o día da apertura de proposicións.

Variantes: non se admiten.

9. Apertura ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte ó día que remate o prazo de presentación de ofertas.

10. Outras informacións: o modelo de proposición axustarase á cláusula 10.4º do prego de condicións administrativas.

11. Gastos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Vigo, 10 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde