Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. La Laguna, 9.
Situación: Sada.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, cunha lonxitude de 0,059 km, con orixe no C.T.C. proxectado La Laguna, nº 9, conductor tipo R.H.V., e final no paso aéreo-subterráneo proxectado en L.M.T.A. C.T. Samoedo (campo de fútbol). Centro de transformación prefabricado, cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Sada.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 17 de abril de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña