Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.953

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que xulgará o procedemento selectivo de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade alemán, convocados por Orde do 8 de marzo de 2001.

En cumprimento do sinalado na base común 5 da Orde do 8 de marzo de 2001 (DOG do 12 de marzo), pola que se convocaban procedementos selectivos de ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Nomea-lo tribunal que deberá xulga-los procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, especialidade alemán, no anexo desta resolución.

Segundo.-A localidade de actuación do citado tribunal farase pública na resolución desta dirección xeral na que cada tribunal anunciará a hora e o lugar do acto de presentación, celebración das probas de coñecemento de lingua castelá, se é o caso, coñecemento de lingua galega e primeira parte da proba.

Terceiro.-Quedan autorizadas as comisións de servicios dos membros dos tribunais que necesiten desprazarse da súa residencia oficial para o exercicio de tal función, tendo dereito a percibir as axudas de custos e gastos de viaxes de acordo coa lexislación vixente. Os medios de locomoción usados será calequeira dos previstos no Decreto 299/1990, do 24 de maio, debendo entenderse que queda expresamente autorizado o uso de vehículos propios, de acordo co citado decreto.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2001.

Jaime García y García

Director xeral de Persoal

ANEXO

Tribunal: único alemán

Buján López, CarlosPresidente titular
González Carriego, AlejandroVocal titular
Muller Henschel, ChristianeVocal titular
Althoff Theil, RoswithaVocal titular
Vázquez Ruano, RafaelVocal titular

Ares Fontenla, MartaPresidenta suplente
Maslanka, Johann FranzVocal suplente
Oubiña Parracho, EncarnaciónVocal suplente
Álvarez Jorge, María EstherVocal suplente
Wenzel Strauss, RolandVocal suplente