Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 23 de maio de 2001 Páx. 6.942

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2001 pola que se lle dá publicidade á parte dispositiva da sentencia 511/1998, do 11 de xuño, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Visto pola Sección Segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia o recurso contencioso-administrativo número 02/4333/1995, interposto por María del Carmen Eirín Vila, María del Carmen García-Garaval Eirín e Antonio García Garaval Eirín, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do recurso ordinario formulado contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, do 1 de xullo de 1994, sobre aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior Horta do Casino de Carballo.

Polo tanto, de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, e co fin de levar a puro e debido efecto a dita sentencia, este departamento resolve darlle publicidade á parte dispositiva da sentencia 511/1998, do 11 de xuño, que a seguir se transcribe:

«Decidimos que debemos estimar e estimámo-lo recurso contencioso-administrativo interposto por

María del Carmen Eirín Vila, María del Carmen García-Garaval Eirín e Antonio García Garaval Eirín, contra a desestimación presunta, por silencio administrativo do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do recurso ordinario formulado contra acordo da Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, do 1 de xullo de 1994, sobre aprobación definitiva do Plan Especial de Reforma Interior Horta do Casino de Carballo e, en consecuencia, debemos anular e anulámo-lo acordo impugnado, o cal é contrario a dereito».

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2001.

P.D. (Orde 13-12-1993)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda