Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

No BOP nº 90, do 10 de maio de 2001, publicáronse as bases xerais e específicas de procesos selectivos convocados para cubri-las seguintes prazas vacantes nesta deputación provincial, incluídas en diversas ofertas de emprego público:

Número e características das prazas convocadas:

O número de prazas vacantes, a súa denominación e características son as seguintes:

-Unha praza de psicólogo, grupo A, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de técnico de relacións públicas, grupo A, por concurso-oposición libre.

-Dúas prazas de técnico superior en filoloxía do Servicio de Publicacións, grupo A, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de médico, grupo A, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de controlador laboral, grupo B, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de técnico de actividades culturais, grupo B, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de técnico medio contabilidade e inmobilizado, grupo B, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de técnico medio de arquivo e biblioteca, grupo B, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de diplomado universitario en enfermería, grupo B, por concurso-oposición libre.

-Tres prazas de técnico medio educador, grupo B, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de administrativo de Administración xeral, grupo C, por quenda promoción interna e mediante concurso-oposición.

-Dúas prazas de técnicos FP-2 rama sanitaria, grupo C, por concurso-oposición libre.

-Cinco prazas de técnicos especialistas en educación nocturna, grupo C, tres por concurso-opo

sición libre, e dúas por quenda de promoción interna e mediante concurso-oposición.

-Unha praza de informático operador, grupo C, por quenda promoción interna e mediante concurso-oposición.

-Unha praza de corrector de probas do servicio de publicacións, grupo C, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de técnico auxiliar de arquivo e biblioteca, grupo C, por concurso-oposición libre.

-Cinco prazas de auxiliares de Administración xeral, grupo D, catro por concurso-oposición libre, e unha quenda promoción interna e mediante concurso-oposición.

-Catro prazas de auxiliar educativo, grupo D, por concurso-oposición libre.

-Cinco prazas de auxiliar educativo nocturno, grupo D, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de oficial de cafetería, grupo D, por concurso-oposición libre.

-Cinco prazas de conductor maquinista, grupo D, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de oficial fontaneiro calefactor, grupo D, por concurso-oposición libre.

-Unha praza de oficial sanitario, grupo D, por concurso-oposición libre.

-Tres prazas de auxiliares composición/edición do servicio de publicacións, grupo D, por concurso oposición libre.

-Tres prazas de axudante de control e vixilancia, grupo E, por concurso-oposición libre.

-Tres prazas e axudantes de cociña, grupo E, por concurso-oposición libre.

-Dúas prazas de operarios de servicios varios, grupo E, por concurso-oposición libre.

-Oito prazas de operarios especialistas, grupo E, por concurso-oposición libre.

-Dúas prazas de ordenanza, grupo E, por concurso-oposición libre.

A presentación de solicitudes poderá facerse, ben no rexistro xeral de Deputación Provincial de Pontevedra, ben en calquera das formas establecidas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, no prazo de vinte días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

Pontevedra, 10 de maio de 2001.

Manuel Abeledo López

Presidente da Deputación Provincial

de Pontevedra

Rogelio Nicieza de la Cerra

Secretario xeral da Deputación Provincial

de Pontevedra