Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.928

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CULLEREDO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, en sesión realizada o día 26 de abril de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar con carácter inicial o proxecto de urbanización do ámbito resultante da unión das UU.AA. 39, 40 e 41, promovido pola sociedade Unión Atalaya, S.L. e redactado polo arquitecto Gonzalo García Martínez.

2. Determinar que, previamente á aprobación definitiva do documento, deberán presentarse planos reformados relativos a saneamento e pluviais nos que se reduza a pendente mediante pozos de resalto entre P2 e P4.

3. Somete-lo documento inicialmente aprobado a información pública polo prazo dun mes, o que se anunciará no DOG e nun xornal dos de maior circulación da provincia.

Os prazos contaranse desde a última publicación deste anuncio (DOG ou xornal) e poderá examinarse o expediente nas oficinas municipais do Servicio de Urbanismo e presenta-las alegacións que consideren oportunas.

Culleredo, 2 de maio de 2001.

Ricardo Seoane Candamio

Concelleiro de Urbanismo