Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.923

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación definitiva das contratacións de subministracións SCS.-01/2001, (adquisición do equipamento de moblaxe de oficina con destino ó edificio da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en San Lázaro de Santiago de Compostela) (5 lotes).

Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, en cumprimento do disposto no artigo 93.2º da Lei 13/1995, do 18 de maio, de contratos das administracións públicas, e no artigo 24 do Real decreto 390/1996, do 1 de marzo, esta división acorda darlle publicidade á adxudicación da seguinte contratación.

1. Adquisición do equipamento de moblaxe de oficina con destino á Consellería de Sanidade e Servicios Sociais/Sergas en San Lázaro de Santiago de Compostela (5 lotes).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Servicio Galego de Saúde.

b) Dependencia que tramita o expediente: División de Recursos Económicos.

c) Número de expediente: SCS.-01/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: contrato de subministracións.

b) Descrición do obxecto: adquisición do equipamento de moblaxe de oficina.

c) Lote: 5 lotes.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG nº 5, do 8 de xaneiro de 2001, e BOE nº 7, do 8 de xaneiro de 2001, e DOCE S242, do 16 de decembro de 2000.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: douscentos vintecatro millóns duascentas dezaseis mil cincocentas trinta pesetas, IVE incluído (224.216.530 pesetas IVE incluído), 1.347.568,49 euros.

Lote 1: mesas e armarios. 80.090.640 pesetas, 481.354,44 euros.

Lote 2: mesas e armarios de dirección. 25.450.280 pesetas, 152.959,26 euros.

Lote 3: cadeiras. 99.139.680 pesetas, 595.841,48 euros.

Lote 4: cadeiras de dirección. 6.867.000 pesetas, 41.271,50 euros.

Lote 5: butacas e cadeiras de brazos para salón de actos. 12.668.930 pesetas, 76.141,80 euros.

Adxudicación.

Lote nº 1: mesas e armarios.

Lote nº 2: mesas e armarios dirección.

Lote nº 3: cadeiras.

Lote nº 4: cadeiras de direccións.

Lote nº 5: butacas e cadeiras de brazos para salón de actos.

(Oferta base conxunta nº 1).

a) Data: 23 de marzo de 2001.

b) Contratista: Sutega Mobiliario, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: douscentos doce millóns novecentas setenta e seis mil cento oitenta e cinco pesetas, IVE incluído (212.976.185 pesetas, IVE incluído), (1.280.012,65 euros).

En cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992, notifícase, advertíndose que esta resolución pon fin á vía administrativa, e é susceptible de recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución, de conformidade con artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 18 de abril de 2001.

Antonio Fdez.-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos