Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.915

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

ORDE do 16 de abril de 2001 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión do viveiro (batea) Ramos I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión do viveiro (batea) Ramos I e da concesión administrativa que o ampara, resulta:

a) Antecedentes de feito.

Primeiro: mediante escrito de data 12-1-2001, Josefina Ramos Tejo solicitou autorización para a transmisión da concesión do viveiro (batea) Ramos I.

Segundo: os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características do viveiro (batea) e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.

b) Fundamentos xurídicos.

Primeiro: este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

Segundo: o expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, do réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, a seguinte resolución:

Autoriza-la transmisión inter vivos, a favor de Josefina Ramos Tejo (DNI: 33.112.193J), 2/3 indivisos e Marcos García Ares (DNI: 76.968.552H), 1/3 indiviso da concesión administrativa do viveiro que se indica a seguir:

Identificación.

Tipo: viveiro (batea).

Nome: Ramos I.

Situación.

Cuadrícula nº: 64.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante.

Orde outorgamento: 9-2-1981 (BOE/DOG nº 75, do 28 de marzo).

Remate vixencia: 28-3-2011.

Actual titular: Josefina Ramos Tejo (DNI número 33.112.193J).

Novo titular: Josefina Ramos Tejo (DNI número 33.112.193J), 2/3 indivisos e Marcos García Ares (DNI número 76.968.552H), 1/3 indiviso.

Baixo as seguintes condicións:

Primeira.-O actual titular deberá presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda.-Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira.-O novo titular da concesión queda subrogado nos dereitos e obrigas do anterior, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, ou recurso contencioso-administrativo ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

A Coruña, 16 de abril de 2001.

(P.D. 14-6-1999, DOG nº 120 do 24 de xuño)

Maria José Cancelo Baquero

Delegada territorial da Coruña