Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 8 de maio de 2001, da Delegacion Provincial de Ourense, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e tramitación urxente, para a contratación do servicio de limpeza da Área de Servicios Sociais de Ourense.

De conformidade co establecido na Orde do 21 abril de 1998, sobre delegación de atribucións nos órganos centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, e unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, esta delegación provincial resolve anuncia-la contratación do servicio que a seguir se cita:

1. Obxecto e orzamento: servicio de limpeza da Área de Servicios Sociais de Ourense, por un importe máximo de 6.000.000 de pesetas (IVE incluído), equivalente a 36.060,73 euros.

2. Solvencia económica e financeira e técnica: deberá acreditarse conforme o previsto no punto 17 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares

3. Prazo de execución: 2 anos.

4. Documentos de interese para os licitadores: o prego de claúsulas administrativas e demais documentación complementaria pódense solicitar nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais durante as horas de oficina, tódolos días laborables desde as 9 ata ás 14 horas.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Admisión de variantes: non se admiten.

7. Criterios de adxudicación: ver punto 12 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Presentación das proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente,

no rexistro da Delegación Provincial de Sanidade e Servicios Sociais de Ourense, na avda.de Zamora, nº 13, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou enviados por correo da maneira indicada no punto 5.2 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9. Apertura das proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas da Delegación Provincial de Ourense, a partir das 10 horas do terceiro día natural, contado a partir do seguinte aquel no que remate o prazo de presentación das ofertas. No caso de que o devandito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o seguinte día hábil.

10. Documentación que deberán achega-los licitadores: os documentos sinalados no prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Anuncio: o pagamentoo deste anuncio será por conta do/s adxudicatario/s.

Ourense, 8 de maio de 2001.

Armando González López

Delegado provincial de Ourense