Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.912

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL E TURISMO

CÉDULA do 20 de abril de 2001, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se notifica a Resolución do 7 de marzo de 2001 dictada no expediente sancionador PO-64/2000, por infracción en materia de turismo.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle á persoa que a seguir se relaciona a resolución da Dirección Xeral de Turismo dictada no expediente sancionador en materia de turismo número PO-64/2000, incoado á titular do establecemento denominado Hotel O Piorno, situado na avda. da Ponte, 1, da Illa de Arousa (Pontevedra), xa que, intentada polos medios habituais, non puido practicarse.

Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ó da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que estimen oportuno.

De non presentar recurso no devandito prazo, a sanción devirá firme e executiva e poderá facerse efectiva en período voluntario no subseguinte prazo de quince (15) días hábiles, mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións, da Delegación Provincial da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo de Pontevedra. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía executiva, segundo o disposto pola Orde do 22 de maio de 1987, da Consellería de Economía e Facenda (DOG do 3 de maio).

Expediente: PO-64/2000.

Sancionada: Adela Daporta Pego.

Establecemento: Hotel O Piorno.

Domicilio: avda. da Ponte, 1.

Localidade: A Illa de Arousa (Pontevedra).

Resolución: 7 de marzo de 2001.

Precepto infrinxido: art. 87.1º da Lei 9/1997.

Sanción: trescentas mil (300.000) pesetas.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2001.

Aurelio Miras Portugal

Director xeral de Turismo