Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.910

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 18 de abril de 2001, da Delegación Provincial da Coruña, de autorización administrativa, declaración, en concreto, de utilidade pública e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 294/2000).

Vista a solicitude para a autorización administrativa, recoñecemento de utilidade pública, coa relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados pola expropiación, así como para a aprobación do proxecto de execución que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. de Charca (Boiro).

Liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoio de formigón e con conductor LA-56, de 16 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. Abanqueiro e final no C.T. Charca, por instalar. Centro de transformación, tipo intemperie de 50 kVA, e tensións de 20/0,380-0,220 kV, en Charca, do que parte rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 480 m de lonxitude, que se conecta á rede existente. No termo municipal de Boiro.

A petición someteuse a información pública, coa relación de propietarios, bens e dereitos afectados, e publicouse no DOG do 26 de xaneiro, no BOP do 4 de xaneiro de 2001, no xornal El Ideal Gallego do día 27 de decembro de 2000 e nos taboleiros de anuncios da Casa do Concello de Trazo. Tamén foron notificados individualmente os interesados que figuran na devandita relación.

Vista a Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, os decretos 2617 e 2619/1966, do 20 de outubro, sobre autorización e expropiación forzosa das instalacións eléctricas, e cumpridos os trámites regulamentarios establecidos, esta delegación provincial resolveu:

Autorizar e aproba-lo proxecto das citadas instalacións e declarar, en concreto, a súa utilidade pública, o que leva implícita a necesidade de ocupa-los bens ou de adquiri-los dereitos afectados e implica a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 18 de abril de 2001.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña