Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 22 de maio de 2001 Páx. 6.901

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 23 de abril de 2001, do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres devoltas polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (expediente XC-00457-O-2001 e nove máis).

Pola presente cédula, notifícaselles ós denunciados/as, cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo, as notificacións sancionadoras, dictadas polo xefe do Servicio Provincial de Transportes da Coruña, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren alegacións perante o Servicio Provincial de Transportes, no prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ó da publicación desta cédula.

E para que conste e sirva de notificación, ós denunciados/as de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE nº 12), expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 23 de abril de 2001.

Gonzalo López González

Xefe do Servicio Provincial de Transportes

da Coruña

ANEXO

-Expediente-Matrícula-Denunciante-Denunciado-Último enderezo coñecido-Feito denunciado-Data-Hora-Estrada-p.k.-Precepto

infrinxido

-Precepto

sancionador

-Sanción

proposta

XC-00457-O-2001

PO-7517-BD

G.C. Tráfico

Antonio Taboada Otero

Brasil, 43-5º D

36204 Vigo (Pontevedra)

Realizar transporte de mercadorías carecendo da tarxeta de transporte. Transporta ferramentas para colocación de mobles. Non porta distintivos.

27-12-2000; 16.05; N-VI; 57,200

Artigo 199 b) do Real decreto 1211/1990.

Orde ministerial do 25 de outubro de 1990.

Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990, artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990.20.000 ptas.

XC-00502-O-2001

LU-5516-X

G.C. Tráfico

Ancares, Desbroces e Plantacións, S.L

Avda. Garabolos, 1

27003 Lugo

Circular transportando sinais de circulación, maquinaria para realizar roza e un depósito de plástico, carecendo de tarxeta de transportes.

19-12-2000; 17.10; C-642; 31

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.

XC-00517-O-2001

M-8088-KZ

G.C. Tráfico

José Luis Pérez López

Rúa do Faisán, 1-1º B

36205 Vigo (Pontevedra)

Circular transportando carga útil (prensa) entre Pontevedra e Santiago de Compostela, coa tarxeta de transporte caducada desde o día 30-4-2000.

27-12-2000; 3.25; N-550; 76,400

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.50.000 ptas.

XC-00523-O-2001

LU-5410-T

G.C. Tráfico

Bernardo e Hijos, S.L.

Erín, 5

27002 Lugo

Circular transportando trece viaxeiros servicio discrecional desde Cambados a Lugo, carecendo de tarxeta de transporte. Non presenta orixinal nin fotocopia.

23-12-2000; 19.30; N-634; 709,300

Artigo 199 b) do Real decreto 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.5.000 ptas.

XC-00524-O-2001

PO-5371-AJ

G.C. Tráfico

J. Alberto Prieto Rivera y J. Manuel Yáñez, S.C.

Estrda. N-VI, 84

15600 Pontedeume (A Coruña)

Circular transportando cristais e ferramentas de cristalería desde Pontedeume a Betanzos, carecendo de autorización.

23-12-2000; 13; N-651; 7,500

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.

XC-00575-O-2001

C-6257-CC

G.C. Tráfico

Juan Manuel Bellas Ramil

Goya, Lg. A Gándara, 26-2º

15578 Narón (A Coruña)

Realizar transporte privado complementario de mercadorías carecendo de tarxeta de transporte. Transporta instrumentos e material de música.

7-1-2001; 5.10; N-VI; 578,5

Artigo 103 da Lei 16/1987 e artigo 158 do Real decreto 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.

XC-00605-O-2001

LU-3532-X

G.C. Tráfico

Medioambiente Celta Prix, A.I.E.

Armaña, 9

27002 Lugo

Realizar un transporte de chatarra (ferro, neveiras, etc.) recollida no concello de Valdoviño, polos contedores, trasladándoa ó desmantelamento de Eugenio Rey sito en Montesalgueiro, estando en posesión dunha autorización MPC-nacional realizando servicio publico.

12-1-2001; 9.30; C-646; 11,500

Artigo 90 da Lei 16/1987 e artigo 41 do Real decreto 1211/1990.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.250.000 ptas.

Precintado do vehículo

XC-00660-O-2001

2324-BBC

G.C. Tráfico

José Manuel Piñeiro Vicente

Quinteiro, Cespón, 14

15930 Boiro (A Coruña)

Circular cun vehículo obrigado ó uso do tacógrafo, non realizando o seu conductor a anotación completa de nome e apelidos no disco de data 9-1-2001. Anota unicamente o nome de Juan Manuel, inducindo a confusión con outro disco da mesma data, supostamente doutro conductor, co nome de Juan José.

11-1-2000; 12.20; N-634; 709,400

Artigo 15 do R(CE)3821Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do Real decreto 1211/1990.25.000 ptas.

XC-00705-O-2001

C-2477-AZ

G.C. Tráfico

Jesús López Casanova

Miño, 8-10-4º D

15009 A Coruña

Circular efectuando un transporte de mercadorías perigosas da clase 2 (2,45) nº de ONU 1965 con 66 botellas de 25 l e 4 botellas de 11 l non tendo feito o visado da tarxeta de transporte no prazo regulamentario, así como incumprindo o equipo do vehículo (M-10260 anexo b). Carece de cinto ou vestimenta fluorescente e lanterna, carece da carta de porte e non leva na cabina do vehículo as instruccións escritas ou ficha de seguridade para o conductor para casos de accidente.

15-12-2000; 11.30; pol. Grela, S/K

Artigo 199 b) do Real decreto 1211/1990. Artigo 33.15º do Real decreto 2115/1998, artigo 33.10º do Real decreto 2115/1998, artigo 34.8º do Real decreto 2115/1998.Artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990, artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990, artigo 143 da Lei 16/1987, artigo 201 do Real decreto 1211/1990, artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do regulamento.605.000 ptas.

XC-00712-O-2001

O-8827-BF

G.C. Tráfico

Mariscos José Ramón, S.L.

Puerto de Tarna, 11

33207 Gijón (Asturias)

Circular cun camión isotermo carecendo da placa identificativa de que o isotermo é apto para o transporte de productos perecedoiros. Transporta peixe e marisco. Presenta certificado (TMP) válido 3-7-2001.

8-1-2001; 18.15; N-634; 679

Artigo 6 do Real decreto 237/2000, do 18 de febreiro.Artigo 143 da Lei 16/1987 e artigo 201 do regulamento.25.000 ptas.