Na sala do contencioso-administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia tramítase o recurso nº 1/100/2001 interposto por María Sabela Vidal Yáñez, Beatriz Rodríguez Nogueiras, Josefa Doval Blanco e José Andrés Vázquez Rodríguez. Os recorrentes, na súa condición de aspirantes incluídos na lista para vinculacións temporais de persoal operario do Hospital Santa María Nai de Ourense, pretenden que se valore a superación dos exercicios da fase de oposición correspondentes á oferta de emprego para persoal laboral do Complexo Hospitalario Santa María Nai-Dr. Cabaleiro Goás aprobada polo Decreto 246/1995, do 28 de xullo (DOG nº 169, do 4 de setembro).
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer na sala como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de
xullo, regulamentadora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.
Valeriano Martínez García
Director xeral da División de Recursos Humanos