Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.815

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da praza de uso público na rúa García Barbón, 27-33/Roupeiro (expediente 4235/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo do Concello de Vigo acordou, en sesión do día 19 de abril de 2001, aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da praza de uso público na unidade de actuación García Barbón, 27-33/Roupeiro, redactado polos arquitectos María José Maldonado Tornero, Alberto Iglesias Álvarez e José Mª Catalán Pérez, con visado do COAG do 21-7-2000, 2-8-2000, 2-8-2000, 8-11-2000 e 15-11-2000 (expe-

diente 4235/401).

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, por medio deste anuncio notifícaselle-lo acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales no se puido practica-la notificación intentada.

Contra o devandito acordo, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse un dos seguintes recursos:

a. Recurso potestativo de reposición ante o Pleno do Concello de Vigo no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio.

b) Recurso contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó de publicación deste anuncio, de acordo co artigo 8 da Lei 29/1988, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Non obstante, interposto o recurso de reposición non poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ata que sexa resolto expresamente o primeiro ou se produza a súa desestimación presunta polo transcurso do prazo máximo dun mes para dictar e notifica-la resolución.

Vigo, 7 de maio de 2001.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal de Urbanismo