Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.814

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicacora.

a) Organismo: Concello de Santiago de Compostela.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Servicios Comunitarios.

c) Número de expediente: 57/2001.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para a asistencia xurídica en diversas áreas do derito ó Concello de Santiago de Compostela.

b) Lugar de execución: Santiago de Compostela.

c) Prazo de execución: dous anos.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 20.000.000 de pesetas (120.202,42

euros), incluído IVE, importe máximo autorizado ó ano.

5. Garantías.

Non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

Documentación: Copy Estudio, rúa Nova de Abaixo, 19-21, 15706 Santiago de Compostela. Teléfono e fax: 981 59 33 85. Información: Concello de Santiago de Compostela (Contratación), Pr. Obradoiro, 1, 15705 Santiago de Compostela. Teléfono 981 54 23 75 e Fax 981 57 76 27.

Data límite de obtención de documentos e información: 20 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP da Coruña e no DOG.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os licitadores deberán ser letrados exercentes con despacho aberto en Santiago de Compostela, e con alomenos unha antigüidade de 7 anos no seu exercicio profesional. Se se trata de persoas xurídicas, deberán cumpri-los mesmos requisitos, aínda que con respecto á antigïdade, esta referirase á media dos membros que integran a sociedade e sendo, en todo caso, o seu obxectivo social o asesoramento xurídico.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 20 días naturais contados a partir da última publicación realizada no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a especificada na cláusula 14 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Santiago de Compostela. (rexistro xeral).

2ª Domicilio: rúa da Trinidade, 1 (Pavillón da Tranidade).

3ª Localidade e código postal: 15705 Santiago de Compostela.

d) Prazo durante o cal o licitdor estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): 3 meses.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Santiago de Compostela (Secretaría).

b) Domicilio: Praza do Obradoiro, 1.

c) Localidade: 15705 Santiago de Compostela.

d) Data: segundo día hábil seguinte, non sábado, ó remate do prazo de presentación de proposicións.

e) Hora: 12 horas.

10. Outras informacións: os criterios de adxudicación son os especificados na cláusula 18 do prego.

11. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 24 de abril de 2001.

Luis Toxo

Tenente de alcalde