Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.811

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE NEDA

ANUNCIO.

Por acordo da Comisión de Goberno do 19 de abril de 2001, aprobouse o expediente administrativo para contratar polo sistema de poxa con procedemento aberto en trámite normal a obra de pavimentación da Rúa do Castro.

A través do presente anuncio convócase a licitación de acordo coas seguintes condicións:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Neda.

b) Dependencia que tramita o expediente: secretaría.

c) Número de expediente: 1/2001.

2. Obxecto do contrato e prazo de execución.

a) Descrición: pavimentación Rúa do Castro.

b) Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: normal.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: poxa.

4. Orzamento base da licitación.

a) Importe: 28.507.947 pesetas.

5. Garantías.

a) Provisional: non se esixe.

b) Definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

6. Obtención da documentación.

a) Entidade: Copistería Cutus.

b) Enderezo: r/Cuntis, 75.

c) Localidade e código postal: Ferrol.

d) Teléfono: 981 33 31 82.

e) Data límite para obter documentos e información: durante o prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: grupo e) subgrupo 1) categoría d) e grupo g) subgrupo 6) categoría d).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: durante o prazo de vinteseis días naturais (26), contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio, ben no BOP ben no DOG.

b) Documentación necesaria: a establecida no artigo 12 do prego de cláusulas administrativas particulares.

-Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello de Neda.

-Enderezo: avda. Algeciras, 34-1º.

-Localidade e código postal: 15510 Neda.

c) Prazo durante o cal o licitador ten a obriga de mante-la súa oferta: tres meses contados desde o seguinte á apertura das plicas.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Concello de Neda.

b) Enderezo: avda. Algeciras 34.

c) Localidade: Neda.

d) Data: quinto día hábil seguinte ó de remate do prazo de presentación de ofertas. Se cadra nun sábado, prorrogarase ata o día hábil seguinte.

e) Hora: ás doce horas.

10. Gastos de anuncios.

Os gastos deste anuncio, así como todos aqueles que resulten da execución do presente contrato, serán á conta do contratista adxudicatario.

Vila de Neda, 18 de abril de 2001.

José C. Pita López

Alcalde