Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.810

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIMORTO

ANUNCIO de licitación.

O Concello de Boimorto anuncia a contratación, por procedemento aberto e mediante poxa, da obra de cerramento e acondicionamento do patio do colexio público da Gándara, incluída no Plan Provincial de Obras e Servicios 2001.

1. Tipo de licitación: 20.385.202 pesetas (122.517,53 euros).

2. Clasificación do contratista: grupo G, subgrupo 6, categoría d.

3. Prazo de execución: 3 meses.

4. Presentación de proposicións: no rexistro xeral do concello, de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no BOP.

5. Fianzas.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Apertura de proposicións: terá lugar ás 13 horas do sexto día natural seguinte a aquel no que remate o prazo de presentación de proposicións; se cadrase en sábado, en domingo ou en festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

7. Pregos de cláusulas administrativas: os aprobados pola Deputación Provincial da Coruña, para as obras comprendidas nos plans provinciais, publicados no BOP nº 78, do 4 de abril de 2001.

8. Modelo de proposición:

Don/Dona..... con domicilio en....., rúa....., número....., teléfono....., con DNI (pasaporte ou documento que o substitúa) número....., actuando en nome propio (ou en representación de....., DNI ou CIF número....., e con domicilio en....., número....., teléfono.....), toma parte na poxa con procedemento aberto para a adxudicación da execución das obras comprendidas no proxecto de....., e para tal efecto fai constar:

1. Que ofrece o prezo de..... (IVE incluído) que significa unha baixa....., en relación co tipo de licitación.

2. Que coñece e acepta cantas obrigacións deriven dos pregos de cláusulas administrativas particulares do presente contrato.

3. Que xunta a documentación esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.

En....., ..... de..... de 200.....

O/A licitador/a (asinado e rubricado)

9. Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de cláusulas.

Os gastos dos anuncios da poxa serán por conta do contratista que resulte adxudicatario.

Boimorto, 18 de abril de 2001.

Luis Verea Taboada

Alcalde