Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.796

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento do permiso de investigación denominado Carrascal número 2921.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que, por resolución de data 23-2-2001, se outorgou a Patricio

Morais Cabaleiro o permiso de investigación denominado Carrascal nº 2921, de dezaoito cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Lama, da provincia de Pontevedra, e transmitido con data 2-3-2001 a Canteras Hermanos Esvaz, S.L., sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

LonxitudeLatitude

Vértice 18º 21' 20''42º 25' 40''

Vértice 28º 20' 00''42º 25' 40''

Vértice 38º 20' 00''42º 25' 00''

Vértice 48º 19' 40''42º 25' 00''

Vértice 58º 19' 40''42º 24' 20''

Vértice 68º 21' 20''42º 24' 20''

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 19 de abril de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra