Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15000 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C. avda. de Esteiro (parcela 29).
Situación: Ferrol.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 15 kV, cunha lonxitude de 0,390 km, con orixe e final no entroncamento da L.M.T. entre os CC.TT. instituto feminino (expediente 7306) e Esteiro-12 (expediente 50401) conductor tipo R.H.V. Centro de transformación, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Ferrol.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre auto
rización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 18 de abril de 2001.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña