Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Luns, 21 de maio de 2001 Páx. 6.772

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 10 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se fan públicas as listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, para a cobertura con carácter temporal de postos de traballo do corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), lista B, de conformidade coas resolucións do 29 de decembro de 2000 e 6 de abril de 2001.

Publicadas as resolucións do 29 de decembro de 2000 e 6 de abril de 2001 relativas á publicación das listas reguladas no Decreto 89/1997, do 10 de abril, correspondentes ó corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), lista B, e unha vez rematados os prazos previstos nas ditas resolucións, constatada a existencia dalgúns erros materiais nas listas publicadas por parte da comisión permanente de selección de persoal para a cobertura de postos de traballo

reservados a funcionarios na correspondente sesión, unha vez elevada a oportuna proposta, esta dirección xeral

RESOLVE:

Primeiro.-Facer públicas, unha vez corrixidos os erros materiais constatados, as relacións de solicitantes para a cobertura, con carácter temporal mediante o nomeamento de persoal interino, de postos de traballo reservados a funcionarios do corpo auxiliar da Xunta de Galicia (grupo D), lista B. As ditas listas están expostas da forma que a seguir se indica:

Anexo I: figuran os solicitantes incluídos nas listas.

Anexo II: figuran os solicitantes excluídos con expresión da causa de exclusión.

Segundo.-Os citados anexos atoparanse expostos nos taboleiros de anuncios da Consellería da Presidencia e Administración Pública e nos das súas delegacións provinciais, no da Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura en Vigo e nas oficinas comarcais da Xunta de Galicia.

Para efectos de información, o teléfono de contacto é o 902 12 00 12 das 9 ás 19 horas, de luns a venres, e das 9 ás 14 horas os sábados.

Terceiro.-As listas entrarán en vigor a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto.-Os solicitantes excluídos ós que lles corresponda, disporán do prazo dun mes contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, para solicita-la devolución das taxas por dereitos de inscrición, debendo consigna-lo nome e apelidos, NIF, número da conta bancaria (vinte díxitos) e localidade desta, achegarán, así mesmo, copia cotexada do modelo de autoliquidación da taxa de autoliquidación.

Quinto.-Contra a presente resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública