Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.707

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE LUGO

ANUNCIO de contratación.

Por medio da presente resolución convócase concurso para a contratación das seguintes obras e conforme as características que se sinalan a seguir:

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

123 P.O.L. 2001 O Saviñao. Abastecemento de auga parroquia de Piñeiro, núcleos de Vilarreme, Salcedo, A Portela, Vilachá e Piñeirón.10.000.0009 mesesNon se esixe

128 P.O.L. 2001 Alfoz. Saneamento en Agueira-A Granda-A Rega e outros (Carballido).10.000.0009 mesesNon se esixe

126 P.O.L. 2001 O Vicedo. Ampliación rede de abastecemento de auga ó Pazo, O Folgueiro e outros.10.018.0275 mesesNon se esixe

ObraOrzamento

contrata

Prazo

execución

Clasificación

esixida

109 P.O.L. 2001 Castro de Rei. Abastecemento de auga na zona norte do municipio (parroquia de Outeiro e outras).10.000.0003 mesesNon se esixe

110 P.O.L. 2001 Castroverde. Mellora do abastecemento de auga nos núcleos de poboación de Santiago de Vilariño e Bolaño.10.000.0005 mesesNon se esixe

138 P.O.L. 2001 Foz. Saneamento en Vilarmea-Fazouro.10.000.0006 mesesNon se esixe

130 P.O.L. 2001 Begonte. Saneamento en Baamonde.10.000.0009 mesesNon se esixe

Características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Deputación Provincial de Lugo.

b) Dependencia: Servicio de Plans e Contratación.

2. Obxecto do contrato.

A execución das obras sinaladas ó comezo do anuncio.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

O que se sinala ó comezo do anuncio.

5. Garantías.

a) Provisional: o 2% sobre o orzamento do contrato.

b) Definitiva: o 4% sobre o mesmo orzamento.

Ámbalas dúas fianzas deberán constituírse na Tesourería Provincial.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Teléfono: 982 25 10 42.

e) Fax: 982 25 10 42.

f) Data límite de obtención da documentación: ata o día anterior ó remate do prazo de presentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

Clasificación: a que se sinala no encabezamento (de ser esixible).

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o día seguinte á publicación do presente edicto, no Diario Oficial de Galicia, se o último día coincide en domingo ou festivo: o día seguinte.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no prego de condicións baixo a rúbrica: «Contido de proposicións».

c) Lugar de presentación: rexistro xeral de 10 a 14 horas.

1º Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

2º Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

3º Localidade e código postal: Lugo 27001.

d) Prazo durante o cal o licitador está obrigado a mante-la súa oferta: 3 meses.

e) Non se admiten variantes ó proxecto aprobado, agás no prazo de execución. Esixirase rigorosamente o cumprimento do prazo de execución ofertado polo contratista e o seu incumprimento dará lugar á resolución do contrato.

f) A verificación de poderes farase especificamente para o presente concurso.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Deputación Provincial de Lugo.

b) Domicilio: r/ San Marcos, s/n.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: o cuarto día hábil seguinte ó remate do prazo de presentación, agás os sábados.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Outras informacións.

Nos teléfonos indicados.

11. Gastos de anuncios.

Correrán por conta dos adxudicatarios.

Lugo, 26 de abril de 2001.

Francisco Cacharro Pardo

Presidente da Deputación Provincial de Lugo

Faustino Martínez Fernández

Secretario da Deputación Provincial de Lugo