Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.702

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 23 de abril de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 11/2000, de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común tramítase o expediente de clasificación do monte coas características que a seguir se indican:

Expediente número: 11/2000.

Denominación: monte de Guntín (parcelas: Lousido, Capela do Rosario, Serra I, Serra II, Curión, Verbo I, Verbo II, Verbo III, Lagas, Barreiriños e Coto Raso).

Comunidade propietaria: veciños da parroquia de Guntín.

Concello: Bóveda.

Superficie total: 35,02 hectáreas.

Estremas da parcela Lousido-1,88 hectáreas:

Norte, leste e sur: predios particulares. Oeste: camiño de Curillón.

(Segundo a información catastral comprende as parcelas nº 245 e nº 851 do polígono 3, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Capela do Rosario-0,66 hectáreas:

Norte: pista. Leste: camiño. Sur: pista do Campo. Oeste: pista do Campo.

(Correspóndese coa parcela nº 445 do polígono 3, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Serra I-3,67 hectáreas:

Norte: estrada do Incio e camiño. Leste: camiño e tras el, monte comunal dos veciños de Martín. Sur: predios particulares e camiño. Oeste: estrada do Incio e predios particulares.

(Segundo a información catastral comprende as parcelas nº 461 e nº 462 do polígono 3, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Serra II-9,10 hectáreas.

Norte: estrada do Incio. Leste e sur: camiño e predios particulares. Oeste: camiño e tras el, monte comunal dos veciños de Martín.

(Segundo a información catastral comprende as parcelas nº 460, nº 855 e nº 856 do polígono 3, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Curión-0,58 hectáreas:

Norte, leste e sur: camiño e tras el, predios particulares. Oeste: predios particulares.

(Correspóndese coa parcela nº 857 do polígono 3, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Verbo I-13,04 hectáreas:

Norte: estrada do Incio. Leste: termo municipal do Incio, camiño e propiedades particulares. Sur: predios particulares. Oeste: predios particulares e camiño.

(Segundo a información catastral comprende as parcelas nº 246 e 247 do polígono 4, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Verbo II-0,34 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: predios particulares.

(Correspóndese coa parcela nº 90 do polígono 4, segundo a información catastral).

Estremas da parcela Verbo III-0, 74 hectáreas:

Norte, leste, sur e oeste: predios particulares.

(Correspóndese coa parcela nº 124 do polígono 4, segundo a información catastral).

Estremas da parcela Lagas-1,75 hectáreas:

Norte, sur e oeste: predios particulares. Leste: camiño e predios particulares.

(Segundo a información catastral comprende a parcela nº 285 do polígono 4, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Barreiriños-3,11 hectáreas:

Norte e leste: predios particulares e camiño. Sur: predios particulares e estrada da Agra a Lagoa. Oeste: pista e tras ela, predios particulares.

(Segundo a información catastral comprende as parcelas nº 404, nº 911 e nº 912 do polígono 7, da parroquia de Guntín).

Estremas da parcela Coto Raso-0,15 hectáreas:

Norte: predios particulares e camiño. Leste, sur e oeste: predios particulares.

(Segundo a información catastral comprende a parcela nº 920 do polígono 7, da parroquia de Guntín).

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 14 de xuño de 2000 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989 e demais disposicións de aplicación, por este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado

co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesadas, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formularen perante o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación do presente edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación co monte, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 23 de abril de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo