Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.666

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DA CORUÑA

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2001 pola que se aproba a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos ás probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en fomento da innovación, convocada por Resolución do 1 de febreiro de 2001 (Diario Oficial de Galicia do 8 de marzo).

Finalizado o prazo de presentación de solicitudes, este rectorado, en aplicación do previsto na base 4.1 da Resolución do 1 de febreiro de 2001 (DOG do 8 de marzo), pola que se convocan probas selectivas para a provisión dunha praza de técnico en fomento da innovación vacante no cadro de persoal laboral desta universidade,

RESOLVE:

Aproba-la lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos que figura a continuación:

Relación de admitidos: Pérez Astray, Braulio (DNI 76.353.496).

De acordo co previsto no segundo parágrafo da citada base, os aspirantes disporán dun prazo de dez días, contados a partir da publicación desta reso

lución no Diario Oficial de Galicia, para emendar defectos.

A Coruña, 20 de abril de 2001.

José Luis Meilán Gil

Rector da Universidade da Coruña