Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 18 de maio de 2001 Páx. 6.665

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se modifica a do 10 de novembro de 2000, pola que se aproban e se fan públicas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E).

Por Resolución do 10 de novembro de 2000, da Dirección Xeral da Función Pública, foron aprobadas e publicadas as relacións definitivas de aspirantes admitidos e excluídos das probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia, grupo E (DOG nº 226, do 22 de novembro).

Formulado escrito por Aída Rodríguez Longarela, aspirante admitida no devandito proceso, relativo á base I.1.2, esta Dirección Xeral da Función Pública

RESOLVE:

Incluír na lista definitiva de admitidos nas probas selectivas para o ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), pola quenda de discapacitados, a Aída Rodríguez Longarela, DNI número 33.336.563.

Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer potestativamente recurso de reposición perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publi-

cación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde a mesma data, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, segundo o artigo 8.2º en conexión co artigo 10.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública