Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.604

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

COOPERATIVA AGRARIA PROVINCIAL DE LA CORUÑA, S. COOP. LTDA.

ANUNCIO.

Ramón Moreno Vidal, secretario do Consello Rector da Cooperativa Agraria Provincial de La Coruña, S. Coop. Ltda., certifica que no libro oficial de actas da cooperativa figura a correspondente á sesión do consello rector do día 23 de marzo de 2001 na que, entre outros acordos, se adoptou por unanimidade dos asistentes o relativo ó cambio de domicilio social da cooperativa, que pasará a estar situado na avenida Manuel Platas Varela, nº 60, baixo, de Arteixo (A Coruña), coa conseguinte modificación nese extremo do artigo 7 dos estatutos sociais, estendéndose esta certificación para os efectos da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 74 da vixente Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia.

Arteixo, 2 de abril de 2001.

Ramón Moreno Vidal

Secretario

Visto e prace

José Mª Calo Faraldo

Presidente