Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.602

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OURENSE

ANUNCIO (1289/2000).

Anúnciase que a Comisión de Goberno, en sesión ordinaria realizada o día 5 de abril de 2001, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

1. Estima-la alegación presentada por Estaban García Iglesias, en representación de Gravera Alameda del Rosal, S.L. no sentido de que se fixa como nova garantía que hai que depositar, a cantidade de 608.500 (seiscentas oito mil cincocentas pesetas).

2. Aprobar definitivamente o proxecto de acondicionamento e axardinamento do soar sito na rúa do Bierzo, por instancia de Esteban García Iglesias, en representación de Gravera Alameda del Rosal, S.L. coas condicións sinaladas nos informes dos Servicios de Enxeñaría e Eléctrico dos que se dará traslado ó interesado e previo ó deposito de garantía na cantidade de 608.500 pesetas, (seiscentas oito mil cincocentas pesetas) para responder, xunto co aval xa presentado na cantidade de 1.734.500 pesetas), das obras de Urbanización e os seu mantemento ata a recepción das obras por parte do concello.

O que se fai público, de conformidade co disposo no artigo 141.4º do Regulamento de planeamento.

Ourense, 17 de abril de 2001.

Manuel Jaime Cabezas Enríquez

Alcalde-presidente