Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.596

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

AUGAS DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2001 de extinción por caducidade da concesión hidroeléctrica dos Incios. (Clave 1/298/2/2).

Por resolución do Goberno Civil de Pontevedra, con data do 17 de abril de 1901, foilles outorgada unha concesión a Daniel Poyán e José Ramón Lorenzo para aproveitar 3.500 l/s do río Oitavén, nos concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior (Pontevedra), con destino a producción de enerxía eléctrica.

Mediante resolución do presidente de Augas de Galicia, do 14 de decembro de 2000, acordouse a iniciación de oficio do expediente de extinción por caducidade desta concesión, baseado na súa falta de explotación, cunha interrupción permanente da explotación durante máis de tres anos consecutivos, imputable ó titular.

Unha vez tramitado o correspondente expediente de conformidade coas disposicións legais e regulamentarias de aplicación, por medio deste anuncio faise saber que o presidente do organismo autónomo Augas de Galicia, o 3 de maio de 2001, dictou resolución de extinción por causa de caducidade da concesión hidroeléctrica de referencia, transcribíndose a continuación a súa parte dispositiva:

Primeiro.-Declara-la caducidade da concesión hidroeléctrica outorgada, por orde do gobernador civil de Pontevedra do 17 de abril de 1901, a favor de Daniel Poyán e José Ramón Lorenzo para aproveitar 3.500 l/s de augas do río Oitavén, nos concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior (Pontevedra) con destino á producción de enerxía eléctrica (explotación coñecida como Central de Incios), polos motivos mencionados nos fundamentos xurídicos desta resolución, cos efectos legais e regulamentarios correspondentes.

Segundo.-Notificárlle-lo contido desta resolución ós interesados, con expresión dos recursos que legalmente procedan.

Contra a indicada resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, e isto sen prexuízo de que poida exercer, de se-lo caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

O que se publica en cumprimento do disposto no punto cuarto do artigo 59 da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2001.

Antonio López Blanco

Xefe do Departamento de Xestión do Dominio

Público Hidráulico