Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.593

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2001, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da dirección facultativa das obras de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de Marín (Pontevedra).

1. Entidade adxudicadora:

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato:

2.1. Descrición do obxecto: dirección facultativa das obras de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de Marín (Pontevedra).

2.2. Prazo de execución: cinco meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

3.1. Tramitación: ordinaria.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: catro millóns cincocentas trinta e seis mil oitenta e nove (4.536.089) pesetas, IVE incluído (27.262,44 euros).

5. Fianza provisional: non se esixe.

6. Fianza definitiva: 4% do orzamento de adxudicación.

7. Documentación e información:

7.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación, así como o proxecto da obra, estarán á disposición dos interesados, durante o prazo de presentación de proposicións, nos días e horas hábiles, na copistería Copynino, sita en Santiago de Compostela, rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=380.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e que estean interesadas en concursar a esta licitación deberán enviar, ó seguinte enderezo de correo electrónico: rosa.blanco.tubio*xunta.es, os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe asunto: nome do concurso.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

7.2. Información.

Teléfono: 981 54 17 49.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación:

8.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo quinto día natural a partir do seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

8.2. Documentación que é preciso presentar: a sinalada no punto 7 do prego de cláusulas administrativas particulares.

8.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: rúa Os Basquiños, nº 2.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

8.4. No suposto de que se concorra ós tres concursos, a documentación xeral presentada para un deles producirá efecto nos outros, facendo constar no sobre A a denominación dos concursos ós que se presenten as ofertas.

9. Apertura das ofertas:

a) Entidade: Consellería da Presidencia e Administración Pública, sala de xuntas B.

b) Enderezo: complexo administrativo de San Caetano.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o noveno día natural contado desde o seguinte ó do termo do prazo de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo trasladarase ó seguinte día hábil.

e) Hora: ás 12 horas.

10. Gastos do anuncio: por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2001.

P.D. (Orde 12-1-1998)

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente