Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: García Barbón, 38, 36201 Vigo.
Denominación: L.M.T. e C.T. Arnelas-Urbanización Miraflores.
Situación: Sanxenxo.
Características técnicas: L.M.T., subterránea, a 20 kV, de 252 m de lonxitude, con conductor tipo R.H.Z., desde un apoio s/n da L.M.T. Sanxenxo ata o C.T. que se proxecta en Arnelas-Urbanización Miraflores, no concello de Sanxenxo. C.T. de 630 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.
Pontevedra, 26 de marzo de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra