Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Mércores, 16 de maio de 2001 Páx. 6.529

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión de traballo creada para a aplicación do fondo de acción social do exercicio 2000 e ás listas definitivas das axudas do dito fondo.

Concluídos os traballos de reparto e aplicación do fondo de acción social para o ano 2000, e en uso das competencias atribuídas a esta dirección

xeral no punto 2 das normas xerais de procedemento que rexen para o fondo de acción social do ano 2000, publicadas por Resolución do 26 de xullo de 2000, da Dirección Xeral de Relacións Laborais (Diario Oficial de Galicia nº 151, do 4 de agosto), procede dárlle-la debida publicidade ás listas definitivas das axudas do fondo e ó acordo final de concesión e distribución do citado fondo, unha vez que transcorreu o prazo de alegacións previsto no punto segundo da Resolución do 30 de marzo de 2001 (Diario Oficial de Galicia nº 65, do 2 de abril).

Polo tanto, dándolle cumprimento ó acordo da Mesa Xeral de Negociación e ó disposto na Resolución do 26 de xullo de 2000, esta dirección xeral,

DISPÓN:

Primeiro.-Que se publique no Diario Oficial de Galicia, como anexo a esta resolución, a distribución final da concesión das axudas do fondo de acción social para o exercicio de 2000.

Segundo.-Contra esta resolución poderán os interesados interpoñer recurso de alzada perante o conselleiro da Presidencia e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da data de publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co previsto no artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

ANEXO

Tipo axudaEntradasAprobadasDenegadasImporte

Xubilación76535640982.572.954
Diminuídos5024683497.511.600
Fillos menores7.3346.664670236.168.594
Estr. traballador1.41681260413.857.269
Est. fillos21.00618.3892.617150.528.589
Vivenda869746123136.198.994
Total31.89227.4354.457716.838.000