Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.524

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA

RESOLUCIÓN do 3 de maio de 2001 pola que se anuncia concurso, para a contratación da consultoría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras de construcción e conservación da Deputación Provincial de Pontevedra.

Obxecto e tipo de licitación: a contratación por procedemento aberto, mediante concurso, da referida consultoría de unha porcentaxe máxima de licitación do 1,25% IVE incluído, sobre o orzamento de execución material das obras que vai contrata-la deputación nete exercicio, estimándose un orzamento global de execución por contrata de mil oitocentos millóns de pesetas e dous mil millóns de pesetas para os exercicios de 2002, 2003 e 2004, respectivamente.

Fianzas: definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

Prazo de presentación de plicas: vinteseis días naturais, contados a partir do seguinte ó de publicación do anuncio no BOP.

Apertura de plicas: no Pazo Provincial, ás 10.30 horas do día hábil seguinte ó da terminación do prazo de presentación de proposicións.

Información e obtención de documentación: Servicio de Contratación da Deputación Provincial de Pontevedra. Teléfono 986 80 41 01.

Pontevedra, 3 de maio de 2001.

O presidente

Rubricado

O secretario

Rubricado