Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MUGARDOS

APROBACIÓN definitiva do estudio de detalle para reaxuste de aliñacións nun solar sito na rúa Apelón, 24.

O Concello Pleno, na sesión do día 27 de abril de 2001, adoptou o seguinte acordo:

1º Aprobar definitivamente o estudio de detalle para reaxuste de aliñacións nun soar sito na rúa Apelón, nº 24, redactado polos arquitectos Miguel Ángel Abad e Antonio Deus con data de febreiro 2001, tramitado por instancia de Promociones Manteiga y Naya, S.L.

2º Que se proceda á publicación deste acordo no DOG e no BOP nos termos establecidos no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 de marzo, dos solo de Galicia, así como ó cumprimento do disoposto no nº 3 do citado artigo.

O que se fai público, en cumprimento do disposto no artigo 48 da Lei 1/1997, do 24 marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que esgota a vía administravia, poderá interporse recurso contencioso-administrativo durante o prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Mugardos, 3 de maio de 2001.

Ramón Toimil Saavedra

Alcalde