Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 15 de maio de 2001 Páx. 6.510

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2001, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, pola que se anuncia o concurso público aberto, polo trámite de urxencia, para a contratación da subministración de tres (3) motores mariños foraborda para embarcacións do servicio de vixilancia e inspección pesqueira da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Recursos Mariños.

2. Obxecto.

a) Descrición do obxecto: contratación da subministración de tres (3) motores mariños foraborda para embarcacións do servicio de vixilancia e inspección pesqueira.

b) Prazo de execución: quince (15) días desde a formalización do contrato.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento de licitación.

Importe total: catro millóns trescentas mil pesetas (4.300.000 pesetas, 25.843,52 euros), IVE e demais impostos incluídos.

5. Garantía provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura ou nas súas delegacións territoriais.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, 5-2º.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

d) Teléfono: 981 54 40 79.

e) Telefax: 981 54 40 31.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata a data límite de presentación das ofertas.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http:/www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=335.

7. Requisitos específicos do contratista: non se esixen.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás catorce horas do oitavo día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, o prazo rematará ás catorce horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (edificio administrativo de San Caetano, 5, 2º, Santiago de Compostela, 15781), ou por calquera dos xeitos previstos no artigo 100 do Regulamento xeral de contrados do Estado.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: servicios centrais da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano nº 5-2º.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data: o quinto día natural seguinte ó peche do prazo de presentación de propostas. No caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura de proposicións terá lugar o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 horas.

10. Gastos de publicación: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2001.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños